Sanxenxo vese obrigado á expropiación ou permuta forzosa de terreos para ampliar o colexio do Cruceiro
Por Redacción
O Goberno local de Sanxenxo vese obrigado a promover unha expropiación ou unha permuta forzosa dos terreos que faltan para alcanzar a superficie necesaria para construír un nuuevo colexio que substitúa ao do Cruceiro, en Vilalonga. Dous donos de parcelas próximas ao centro actual aceptaron vender as súas propiedades ao Concello, pero o dono das outros dúas parcelas, Ignacio Velón, negouse.
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, e outros intregrantes do Goberno local reuníronse con Ignacio Velón para abordar de novo a posibilidade de que o Concello de Sanxenxo adquira tanto un terreo da súa titularidade situada no Revel como outro que é propiedade da súa familia e que está situada na mesma zona.
Ambas as dúas parcelas son necesarias para construír o novo colexio de Vilalonga dado que os terreos adquiridos para iso pola Administración sanxenxina e postos a disposición da Consellería de Educación no ano 2009 quedaron reducidos debido á protección establecida polo POL do regato que atravesa o soar.
As representantes municipais deixaron claro, de novo, a Ignacio Velón que o Concello de Sanxenxo só poderá pagar 30 euros por metro cadrado, tal e como valorou o arquitecto municipal no ano 2009, posto que incrementar unha taxación pública supoñería unha malversación de fondos. Tamén o informaron acerca da aceptación desta proposta por parte doutros dous donos de terreos nesta localización e que suman 1.256 metros cadrados.
Non obstante, para poder outorgar licenza ao novo colexio será necesario dispoñer doutros 2.346 metros cadrados, dos que 1.718,80 metros cadrados pertencen a Ignacio Velón e 628 á súa familia. E é que ningunha das parcelas resultantes tras a afección marcada polo Plan de Ordenación do Litoral son suficientes para albergar o CEIP Cruceiro e todos os seus servizos por superar a ocupación máxima permitida do 20%, o que obriga o Concello de Sanxenxo a adquirir máis terreo.
A pesar dos argumentos esgrimidos polo equipo de Goberno local, Ignacio Velón rexeitou a oferta municipal, feito que obriga a Administración local a tramitar unha expropiación ou unha permuta forzosa. "Estudaremos a fórmula que sexa máis vantaxosa e rápida para poder continuar canto antes coa tramitación dá licenza do novo colexio", aseguraron dende o Executivo sanxenxino.
Relacionadas:
-
Avanza a expropiación de terreos para construír o novo colexio do Revel
Por Redacción |
-
Urbanismo inicia as expropiacións na zona do Revel
Por Redacción |
-
Sanxenxo expropiará os terreos do Revel para a construción do novo colexio
Por Redacción |
-
Sanxenxo volverá negociar con Velón a compra dos terreos para o CEIP O Cruceiro
Por Oskar Viéitez |
-
Os pais de O Cruceiro, en pé de guerra polo colexio de Vilalonga
Por Oskar Viéitez |