Intervención dos bombeiros en Augusto García Sánchez por desprendemento
Por Redacción
Unha patrulla da Policía local de Pontevedra alertou os Bombeiros ante o desprendemento de fragmentos do mortero da parte de atrás dun edificio situado na rúa Augusto García Sánchez, a cen metros do Centro Social de Novacaixagalicia.
A dotación que se trasladou ata alí, arredor das catro da tarde, tivo que empregar a escaleira mecánica para retirar os anacos de cemento que ameazaban con caer do ático e do piso inferior. Segundo informaron os bombeiros, esa parte do edificio atópase en malas condicións debido a humidade e poden producirse novos desprendementos na zona.