Os socialistas culpan a Feijóo do desemprego e o traballo precario en Pontevedra

Por Redacción
O emprego centrou o acto electoral deste martes do PSdeG-PSOE. Foi durante a xuntanza que mantivo María Pierres, número 4 da candidatura, con membros da executiva do sindicato UGT.
Nesta reunión, ademais de escoitar a análise da situación dende a perspectiva sindical, os candidatos fixeron entrega dunha copia das medidas propostas no programa electoral co que os socialistas se presentan a estas eleccións.
"Compartimos plenamente a preocupación dos nosos compañeiros de UGT pola situación tanto do desemprego como pola precarización do pouco emprego que se crea na provincia" sinalou María Pierres
María Pierres sinalou que "os socialistas non estamos só para descubrir as mentiras de Feijóo senón para aportar solucións viables e cribles. O compromiso que hoxe lle traemos aquí a UGT está recollido no noso programa, no que se recolle un amplísimo abano de medidas sensatas para reverter unha situación inaceptable".
Entre estas medidas, destacou o programa de fomento do emprego para mozos e parados de longa duración, que ten por obxecto promover 10.000 contratos de tres anos de duración cada ano, a reforma da Axencia Galega de Emprego, a recuperación do diálogo social, unha FP deseñada con criterios de empregabilidade e a redución da fenda salarial entre homes e mulleres.
Relacionadas:
-
Patricia Vilán propón elaborar un Plan Integral do Deporte Galego despois do 25-S
Por Redacción |
-
Os socialistas desconfían das promesas de Feijóo porque a súa credibilidade está "caducada"
Por Redacción |
-
A dragaxe do Lérez segue a ser "prioritario" para o PSdeG-PSOE
Por Redacción |
-
O PSOE presenta a súa lista por Pontevedra felicitándose pola loita contra o "experimento privatizador en Monte Carrasco"
Por Natalia Puga |