El PP insta al Concello a hacer una inspección fiscal para acabar con las peluquerías clandestinas
Por Redacción
O Partido Popular considera que o Concello de Pontevedra debería facer unha inspección fiscal para acabar coa proliferación de salóns de peiteados clandestinos en domicilios particulares no municipio de Pontevedra. ÿ unha das demandas que lles trasladou a Asociación Profesional Provincial de Perruqueiros de Pontevedra a Jacobo Moreira e Miguel Ángel Meijón, que se converterá en concelleiro o vindeiro martes.
Esta asociación profesional demandou consello e axuda para loitar cun dos problemas aos que teñen que facer fronte cada día, a competencia desleal, que se produce na maioría dos casos polo incremento do número de establecementos clandestinos en domicilios particulares.
Moreira cre que, a nivel municipal, o goberno de Fernández Lores pode iniciar unha inspección fiscal para detectar todos estes casos de irregularidades e reclamar aos salóns de peiteados ilegais que normalicen a súa situación e se dean de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE). O Concello debería axudar deste xeito a estas traballadoras, que non poden competir en prezos con outras persoas que non pagan nin impostos, nin seguros, nin alugueres, dixo.
De feito, dende a asociación estiman que en Pontevedra, fronte ás 90 perruquerías legais, hai unha vintena de establecementos en pisos e casas particulares que non abonan ningún tipo de imposto. En toda a provincia estes locais encubertos superarían o centenar.
Así mesmo, o voceiro do PP comprometeuse a xestionar unha reunión ante a Dirección Xeral de Comercio para analizar e concretar a situación deste sector, pois actualmente o colectivo de peiteadores non está adscrito a ningún departamento autonómico específico ante o que poder solicitar información ou presentar reclamacións.
Finalmente, os populares animaron ás empresarias a denunciar ante a Inspección de Traballo, como asociación ou dende a federación do sector, todos os casos de ilegalidades que detecten.