Teresa Pedrosa lamenta o "machismo" dos Premios Goya e que as mulleres "non se fan valer"
Por Redacción
A delegada do Estado na Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, afirmou este mércores que a gala dos premios Goya lle causara "indignación" pola pouca importancia que se da aos premios femininos, en concreto ao de mellor actriz, que se entrega no medio doutros recoñecementos menores.
Teresa Pedrosa fixo estas declaracións nun xantar coloquio organizado en Vigo por Nova Economía Forum.
A ex presidenta local do PP de Pontevedra facía unha reflexión sobre o papel das mulleres no mundo empresarial e emprendedor, e neste contexto saíu este comentario sobre a gala dos Goya. Pedrosa acusou os actores e a Academia de Cine de ser "uns machistas".
Así mesmo, respecto ás palabras de agradecemento da actriz Candela Peña ao recoller o seu premio sinalou que "está ben que se critique a falta de mantas nos hospitais", pero lamentou que as actrices "non" se fan valer" como mulleres ante o trato que se lles da nestes premios.