Xa está aquí, xa chegou a Feira Franca
Por Cristina Saiz
Chega a primeira fin de semana de setembro e, con ela, a Feira Franca. A cita á que cada ano acoden miles de persoas comezou xa este venres e o punto de partida foi, como es habitual, a entrada na cidade dos pregoeiros a cabalo que percorreron as rúas do centro histórico. Anunciaron que, como ocorreu no ano 1.467, en Pontevedra hai Feira Franca e este ano adícase ao mundo da música.
No século XV os cabaleiros anunciaban que o rei Henrique IV de Castela lle outorgara a Pontevedra o privilexio para instaurar un mercado libre de impostos dun mes de duración e este venres os pregoeiros fixeron saber que a partir de agora se recrea nas rúas de Pontevedra aquel mercado medieval e a cidade comeza unha viaxe no tempo que durante dous días trasladará a veciños e visitantes ao século XV.
A Idade Media está aquí, consulta o programa da XVII Feira Franca e bótate ás rúas!
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Milleiros de persoas seguen a entrada da recreación do transporte do viño
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Espectáculo luminoso e musical para arrancar a gran festa medieval
Por Diego Torrado |
-
Operativo de seguridade da Feira Franca
Por Redacción |
-
Así é a programación da XVII Feira Franca adicada á música
Por Redacción |
-
Consellos para evitar problemas de tráfico e aparcadoiro na Feira Franca
Por Redacción |