Ence incrementa os seus beneficios
Por Oskar Viéitez
Ence coas súas factorías en Pontevedra, Navia e Huelva, obtivo o ano pasado un beneficio neto de 43 millóns de euros, o que supón un incremento do 4% respecto ao exercicio precedente, segundo informou o grupo papeleiro á Comisión Nacional do Mercado de Valores.
O beneficio bruto de explotación do grupo (antes de impostos, intereses e amortizaciones) axustado situouse en 175,8 millóns, un 15% máis que en 2011, grazas aos maiores volumes vendidos de celulosa e electricidade, mellores prezos de venda da enerxía e a redución en custos do 6%.
A compañía alcanzou un total de vendas de 827,6 millóns de euros durante o pasado ano.
LEI DE COSTAS
A Comisión de Agricultura e Medio Ambiente do Congreso, con competencia legislativa plena, aprobou a nova Lei de Costas que relaxa a protección do litoral decretada no ano 1988. A tramitación completarase co seu paso polo Senado.
"Rajoy terá a última palabra sobre Ence en Pontevedra"
O deputado socialista pontevedrés, Guillermo Meijón, lamentou que o PP faga valer a súa maioría absoluta para dar luz verde á nova Lei de Costas aceptando unha enmenda propia para dar potestade ao Goberno para prorrogar concesións industriais en dominio público facendo caso omiso dun informe ambiental negativo da autonomía en aras do "ben xeral".
Segundo Meijón isto implica abrir as portas á permanencia de Ence en Lourizán, máis aló do 2018, ano no que finalizaría a concesión estatal que ocupa en dominio público.
"Rajoy terá a última palabra sobre Ence en Pontevedra" subliñaba o deputado do PSOE para quen está claro que "o Goberno do PP deixa a porta aberta a que Feijóo salve a cara ante cidadanía de Pontevedra e en Galicia si prorrógase a concesión a Ence por 75 anos máis. Ten a escusa perfecta".