Falece un mozo de 20 anos atropelado por un tren en Vilagarcía
Por Redacción
Un mozo de 20 anos faleceu este martes tras ser arroiado por un tren en Vilagarcía de Arousa. O falecido deixou estacionada a súa moto debaixo dunha ponte e, acto seguido, foi alcanzado polo tren cando se dispoñía a cruzar as vías.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, os feitos ocorreron na parroquia de Bamio, moi preto do cemiterio, sobre as 15.20 horas. A circulación ferroviaria viuse afectada a consecuencia do atropelo desde esa hora e a vía estivo cortada ata preto das 17.00 horas desta tarde, momento no que a situación quedaba normalizada.
O 112 recibiu varias chamadas alertando do atropelo, a primeira ás 15.20 horas desta tarde, e nada máis coñecer os feitos, puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas de Galicia e do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).
Ademais, informouse os Bombeiros do Salnés, á Policía Nacional, á Policía Local e a Protección Civil. Urxencias Médicas enviou unha ambulancia ao lugar. Aínda así, os efectivos sanitarios só puideron confirmar a súa morte.