Máis de 35.000 persoas pasaron pola carpa da XVI Festa do Mar
Por Redacción
O Concello de Poio fai unha valoración "moi positiva" da XVI Festa do Mar de Combarro, que pechou este domingo cinco días de celebración.
Segundo os datos que manexa a concellería de Turismo, foron máis de 35.000 as persoas que pasaron pola carpa instalada xunto ao porto, das que 3.400 solicitaron información no punto de atención turística habilitado na propia carpa.
Na mostra gastronómica, xestionada este ano de maneira directa polo Concello, despacháronse en total máis de 2.000 quilos de mariscos e produtos do mar, sendo os máis demandados as ameixas (370 quilos), os mexillóns (600 quilos) ou o polbo (400 quilos), ademais de navallas ou berberechos.
Doutra banda os responsables municipais destacaron as actividades celebradas durante os últimos días como a Mostra da Canción Mariñeira, a Concentración de Embarcacións Tradicionais, o concurso de balcóns, o torneo de kaiak-polo ou o punto musical que achegaron os concertos na Praza da Chousa xunto co Armadiña Rock.
Por todo iso valoran a XVI Festa do Mar como "unha das mellores edicións desta festa", segundo sinalaron desde o goberno local.
Relacionadas:
-
Poio pon data á Festa do Mar e á Festa da Ameixa
Por Redacción |
-
O PP denuncia que o Concello de Poio perde máis de 150.000 euros na Festa do Mar
Por Redacción |
-
Poio defende a xestión "totalmente transparente" da súa Festa do Mar
Por Redacción |
-
Aínda queda festa en Combarro
Por Diego Torrado |
-
The Lakazáns, Siniestro Total, Terbutalina e Tractor Troy líana en Combarro
Por Diego Torrado |
-
Luar na Lubre conquista a Praza da Chousa
Por Diego Torrado |
-
Combarro levanta o pano da edición máis económica da Festa do Mar
Por Redacción |