Recoñecen a Marfrío co Sabor do Ano
Por Redacción
A empresa marinense Marfrío recolleu está mañá en Santiago o recoñecemento Sabor do Ano.
A entidade organizadora da cita, Tryp Network Spain, recoñeceu a calidade e o sabor da raba empanada, así como o chipirón enfariñado e as delicias do mar á romana.
Marfrío suma ademais o Superior Taste Award tamén co Calamar Patagónico, avalado por 60 chefes internacionais.
Lucirá este selo de calidade durante os próximos tres anos.
Marfrío é a única empresa galega que conseguiu o recoñecemento por segundo ano consecutivo por parte do xurado de expertos que valoran as propostas das distintas categorías de produtos que compiten nesta cita de carácter estatal.
O pasado mes de xullo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou as instalacións do Grupo Marfrio, en Marín acompañado pola conselleira de Medio Rural e de Mar, Rosa Quintana.