Localizan un niño de avespas asiáticas na avenida de Bos Aires
Por Oskar Viéitez
Un particular alertou este venres á Policía Local de Pontevedra da presenza dun niño de avispas asiáticas na copa dunha árbore na Avenida de Bos Aires.
A árbore atópase nunha leira particular próxima aos terreos da antiga fábrica de taboleiros de Tafisa a beiras do río Lérez.
Nin a Policía Local nin os Bombeiros de Pontevedra teñen competencia para atender este tipo de casos polo que avisaron ao 012, que é o número que centraliza estas alertas sobre avistamentos de niños de vespa velutina.
O persoal de Tragsa é o que se encarga da retirada tras quedar geolocalizado o avispero. Os técnicos contan cun traxe homologado para evitar que os aguillóns traspasen o tecido e con pértegas operativas de ata 25 metros para a inxección de insecticida e así acabar cos exemplares, tras o que se corta o niño, unido con pedículos á superficie, e retírase da zona.
O teléfono 012 está operativo os 365 días do ano para que os particulares poidan informar sobre niños.