O BNG cre que a presión social "é a que producirá os cambios que necesita este sistema"
Por Alejandro Espiño
Galiza contra un sistema cruel e corrupto. ÿ o nome baixo o que o grupo municipal do BNG organiza este xoves 21 de febreiro ás 20:30 horas un acto político no que pretende denunciar que "a corrupción sistémica" que se está vivindo en España. Será un evento aberto a toda a cidadanía no que se pretende poñer o foco, especialmente, "sen restar gravidade ao resto", no financiamento dos partidos políticos.
"Hai toda unha serie de corruptelas que fan que a situación sexa gravísima", sinalou o concelleiro nacionalista, Raimundo González. Entre elas, destacou o caso Bárcenas e as súas contas en Suíza, o suposto financiamento ilegal do Partido Popular, a operación Pokemon e as súas derivadas, o caso de Urdangarín e a Fundación Nóos ou as actividades de Díaz Ferrán. "A situación é tráxica e ven acompañada dunha rebaixa da democracia".
Raimundo González denunciou que "boa parte das persoas non están vendo cubertas as súas necesidades máis básicas". Por iso é polo que asegurase que "isto é unha guerra onde determinados segmentos da poboación, as grandes fortunas, van gañando posición, mentres que a gran maioría da xente perde a batalla, o traballo e os seus recursos".
Neste sentido, o acto político do BNG, ademais de facer unha radiografía da situación actual, servirá para insistir en que "diante da brutalidade do sistema, temos que ser radicais, ir á raíz do problema, temos que explicarlle á xente a que se debe esta situación e adoptar as medidas necesarias". ÿ algo "inexcusable", insistiu o concelleiro nacionalista.
No acto, que se celebrará no Teatro Principal de Pontevedra, intervirán o alcalde, Miguel Fernández Lores, e os concelleiros Luís Bará e Carme da Silva. Todos eles partirán da base, dixo Raimundo González, de que "non haberá unha solución electoral a curto prazo, senón que será a presión social a que producirá os cambios", como destacou estase producindo, por exemplo, na paralización de desahucios.