Combarro levanta o pano da edición máis económica da Festa do Mar
Por Redacción
A Festa do Mar comezou este mércores na localidade de Combarro coa apertura da Mostra Gastronómica e das exposicións no porto da Canteira. A programación estenderase ata o vindeiro domingo.
Unha das novidades máis aplaudidas desta edición é a rebaixa de ata un 34% nos prezos dos produtos gastronómicos. O motivo, segundo explicou o concelleiro de turismo, José Luis Martínez, é que este ano o concello xestiona de forma directa a carpa gastronómica o que permite ofrecer os produtos a prezos populares para os visitantes.
Esta rebaixa xunto ao aumento do poder adquisitivo dos turistas podería deixar curtos os 1.500 quilos de marisco que o Concello ten previstos para a Festa do Mar.
Xunto aos manxares da ría a música será a outra protagonista deste evento.
A Praza da Chousa acollerá este mércores, ás 23 horas, o concerto da filla de Juan Pardo, a cantante Lys Pardo. O xoves actuará Luar na Lubre, e o fin de semana é a quenda do festival Armadiña con Sinistro Total, Sés e Banda Basotti.
Relacionadas:
-
O Armadiña Rock xerou uns ingresos en Poio de 1,2 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Poio defende a xestión "totalmente transparente" da súa Festa do Mar
Por Redacción |
-
Máis de 35.000 persoas pasaron pola carpa da XVI Festa do Mar
Por Redacción |
-
Aínda queda festa en Combarro
Por Diego Torrado |
-
The Lakazáns, Siniestro Total, Terbutalina e Tractor Troy líana en Combarro
Por Diego Torrado |
-
Luar na Lubre conquista a Praza da Chousa
Por Diego Torrado |
-
Baixada de prezos para "a mellor" edición da Festa do Mar
Por Diego Espiño |