A Garda Civil sorprende un caco no interior dun chalé da Caeira
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil detivo a V.H., de 26 anos de idade e de nacionalidade ucraniana, como suposto autor de dous delitos de roubo en interior de senllas vivendas de Poio.
Os feitos sucederon no luns, cando a os axentes do Instituto Armado teñen coñecemento do roubo no interior de dúas vivendas na zona da Caeira.
Cando unha patrulla realizaba un recoñecemento no interior das citadas vivendas, localizaron ao mozo nunha habitación anexa a unha das mesmas, polo que se procede á súa detención e condución ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias.
O detido, ao que lle constan antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra quedando en liberdade con cargos.