Doce colectivos sociais pontevedreses reciben axudas para investir no ano 2016
Por Redacción
A comisión de avaliación aprobou a concesión de subvencións destinadas a desenvolver accións no eido dos servizos sociais e igualdades durante 2016 por un total de 19.100 euros.
Os cartos distribuíronse entre 12 entidades -un máximo de 2.000 euros- que traballan en diferentes proxectos dos que se benefician centos de veciños de Pontevedra.
Son as seguintes:
- Cáritas. Suministros a familias con baixos recursos económicos.
- Amencer-Aspace. Visibilización e sensibilización sobre a parálise cerebral.
- Arela. Educación integral para mozos adolescentes en situación de conflito social.
- Bata. Actividades de apoio e inclusión de persoas autistas e divulgación da súa problemática.
- Afapo. Intervención integral a través do desenvolvemento persoal e artístico de persoas con alzheimer.
- Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra. Intérprete de linguaxe de signos para servizos na cidade e na provincia.
- Asociación Española Contra el Cáncer. Programa de rehabilitación psicosocial do doente larinxectomizado.
- Boa Vida. Publicación informativa sobre os dereitos sociais.
- Rexurdir Provincial. Curso básico de motoserrista (proxecto prelaboral)
- Xuntos. Proxecto de atención temperá para nenos de 0 a 6 anos.
- Fundación Amigos de Galicia. Ponte en igualdade 2016.
- Meniños. Convivimos, proxecto on line entre oito colexios.
Estas subvencións, subliña a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Fouces, son un apoio ao activo movemento asociativo de Pontevedra que traballa no eido dos servizos sociais e que colabora estreitamente co Concello. "As súas son actuacións que tecen lazos solidarios e artellan sociedade, que constrúen cidade", asegurou.
Relacionadas:
-
Por unha 'Boa Vida' tamén no Nadal
Por Redacción |
-
Que ilumina edificios e monumentos, enche as redes sociais de bicos e pon á xente a bailar?
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
As farmacias pontevedresas asesoran a familiares e coidadores de persoas con alzheimer
Por Redacción |
-
Cea benéfica contra o alzheimer
Por Diego Torrado |