Os propietarios da vivenda incendiada en Poio reclamarán pola ineficacia do mapa de emerxencias
Por Redacción
Os propietarios da vivenda que se incendiou o sábado en Poio non entenden as razóns polas que o 112 solicitou a intervención dos Bombeiros do Salnés e de Sanxenxo en lugar da dos efectivos do Parque pontevedrés situado a 500 metros do inmoble no que se produciu o incendio.
Por este motivo, presentarán unha reclamación formal no Concello de Poio cos informes dos bombeiros do Salnés e de Sanxenxo. Falarán tamén cos alcaldes de Poio e de Pontevedra para transmitirlles a súa preocupación ante a posibilidade de que esta situación se poida repetir en calquera outra vivenda do municipio gobernado por Luciano Sobral.
Un dos afectados afirma que "voy a moverme porque esto no es lógico" e engade "yo no puedo ver cómo se quema mi casa mientras espero, durante más de media hora, la llegada de los bomberos de Ribadumia". Mesmo asegura que puido chegar a producirse unha explosión de gas mentres agardaban á dotación de bombeiros: "un vecino intentó entrar para quitar las bombonas y fue incapaz porque había mucho humo. Pudo haber pasado algo gordo".
Esta tarde, os propietarios mantiveron unha conversa cos bombeiros de Pontevedra para coñecer de primeira man as razóns polas que non actuaron no incendio e no Parque lles indicaron que ninguén do 112 trasladoulles a incidencia. O mapa de emerxencias establece que se non hai unha persoa nunha situación de perigo grave, os bombeiros que deben acudir a Poio son os do Salnés e Sanxenxo, tal e como sucedeu este sábado. Un dos afectados di que "esto obliga a los propietarios a tener que mentir y decir que hay alguien dentro. Es la única manera de conseguir una intervención rápida".
Relacionadas:
-
Pontevedra alerta de que incendios como o de Poio "seguirán pasando" pola "chapuza" do mapa de urxencias
Por Alejandro Espiño |
-
Por que esperar aos do Salnés se os bombeiros de Pontevedra están a só 500 metros?
Por Oskar Viéitez |
-
Unha estufa causa un incendio nunha vivenda de Poio
Por Oskar Viéitez |