Controlan o lume que ardeu toda a noite en Carballedo e arrasou 54 hectáreas

Por Redacción
O incendio iniciado na tarde deste venres nos montes de Carballedo, en Cotobade, deuse por controlado ás 12.03 horas deste sábado logo de arder durante arredor de 18 horas e arrasar con 54 hectáreas de arborado, segundo as estimacións provisionais.
Segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse ás 17.44 horas deste venres e antes de darse por controlado traballaron na súa extinción cinco axentes, 10 brigadas, seis motobombas, tres pas, catro helicópteros e catro avións.
O lume, o terceiro declarado en Cotobade nesta semana, deixou, ademais, un brigadista ferido. Un home que traballaba en tarefas de extinción na zona de A Chan, en Carballedo, sufriu un corte nunha perna que obrigou a que, coa axuda da Garda Civil, fora evacuado en ambulancia ao hospital.
Relacionadas:
-
Extinguido o lume que arrasou 54 hectáreas en Carballedo
Por Redacción |
-
Un brigadista resulta ferido nunha perna mentras traballa nun incendio en Carballedo
Por Redacción & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Dan por extinguidos os incendios de Lérez, Viascón e Tenorio e controlado o de Caldas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Seprona investiga o incendio de Cotobade, no que hai "un 99,90%" de posibilidades de que fora provocado
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |