Falece un home de 49 anos ao quedar atrapado baixo o seu tractor en Xeve
Por Redacción & Cristina Saiz
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un home de 49 anos que fai as tarefas de sanscristán na parroquia de Fragas, en Campo Lameiro, faleceu na mañá deste mércores na parroquia de Xeve ao quedar atrapado baixo o tractor co que realizaba tarifas agrícolas nunha leira. Ao lugar do accidente desprazáronse os Bombeiros de Pontevedra e procederon á súa excarceración, pero, cando conseguiron rescatalo, xa estaba morto.
O accidente produciuse sobre as 9.15 horas nunha leira situada xusto á beira da estrada que comunica Pontevedra con Campo Lameiro, no punto quilométrico número 6. Por causas que nos descoñecen, o vehículo envorcou e caeulle encima.
Nun primeiro momento, alertouse do sucedido ao 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada. Ao ver que o home estaba atrapado, solicitouse a colaboración do Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, que, segundo informou un portavoz oficial, mobilizou aos Bombeiros, a Policía Nacional e Protección Civil de Pontevedra.
Segundo informaron os Bombeiros, cando chegaron ao lugar, empezaron as tarefas de excarceración do home e lograron rescatalo de debaixo do seu tractor, pero o seu corpo xa estaba sen vida. Segundo informou a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o falecido é un home de 49 anos de iniciais R.S.F..