O goberno local xustifica os botellóns da "festa de peñas" como un acto autoxestionado pola mocidade
Por Cristina Saiz & Diego Torrado & Anxo Lourido
O goberno local de Pontevedra considera que o botellón masivo deste sábado organizado polas peñas de mozos pontevedreses atópase incluído na ordenanza de botellón actual, segundo manifestou a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva.
A concelleira manifestou este luns 8 que o acontecido o sábado nas rúas de Pontevedra é unha festa autoxestionada pola mocidade e atópase incluída nos acontecementos excepcionais autorizados polo goberno local. Carme da Silva apuntou que están desvinculados da feira taurina, "asóciase porque coincide" afirmou ao ser preguntada por esta festa. Con todo, este sábado 6 non se celebraba ningunha corrida de touros e a concelleira xustificou o evento porque "non íamos aceptar que a xente poida saír para celebrar unha corrida de touros e non porque teñen vacacións estupendas e ben merecidas". Da Silva considera que a festa do sábado está autogestionada polos mozos e así é aceptada polo goberno local.
Insistiu en que o BNG é antitaurino e que esta festa xuvenil vén desenvolvendo desde hai máis de dúas décadas.
En relación coas críticas realizadas por algúns profesionais do sector da hostalería, a concelleira sinalou que ela saíu pola cidade durante esta fin de semana e que non se cabía nunha terraza nin nun só local. Ademais rexistráronse menos incidentes que durante outras fins de semana, segundo apuntou.
Durante o sábado recolléronse 12 toneladas de lixo e durante o domingo foron necesarias catro atencións sanitarias, dúas delas por intoxicacións etílicas.
CRÍTICAS DO PP
Por parte do Partido Popular emitiuse un comunicado no que se critica a imaxe sucia e descoidada que mostraba Pontevedra durante a mañá deste luns con lixos en xardíns e no centro histórico.
Os populares entenden que o BNG é co-responsable desta situación ao anunciar que esta fin de semana ía permitir aos menores de idade beber alcol na rúa con plena liberdade. "Se o BNG adopta esta decisión debe extremar o celo na limpeza e coidar das rúas. Non vale dar permiso para beber e poñerse de perfil", sinalan desde as filas do PP.
Relacionadas:
-
As peñas volven ás rúas. Este sábado, con touradas
Por Diego Torrado |
-
18 asistencias por intoxicación etílica durante a primeira xornada de 'peñas'
Por Diego Espiño |
-
A celebración de 'peñas' desmárcase dos touros
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Concello permitirá este sábado as celebracións de 'peñas' aínda que non haxa touradas
Por Marisa Ciordia & Natalia Puga |