Que é o que fai grande a Pontevedra?
Por Alejandro Espiño
É igual de importante ser un bo destino turístico que promocionalo da forma adecuada.
O primeiro, está máis que demostrado. Pontevedra e as Rías Baixas atraen cada ano a un maior número de turistas. E o segundo, a cidade trata de conseguilo coa súa nova campaña promocional, estreada hai tan só unhas horas por Turismo de Pontevedra.
Todo xira ao redor dun novo vídeo que trata de responde a unha única pregunta: Que é o que fai grande a unha cidade?
O vídeo promocional, que xa se pode ver a través das redes sociais de Visit-Pontevedra, foi rodado por Esmerarte Industrias Creativas.
Nel, o modelo de cidade de Pontevedra cobra protagonismo con numerosas estampas da vida diaria da capital.
Do centro histórico ao ámbito do río Lérez, do traballo das industrias creativas ao comercio de proximidade, dos nenos que xogan nas prazas ás persoas con mobilidade reducida que camiñan sen barreiras, dos concertos ao aire libre á práctica do deporte, da suculenta gastronomía ás belas paisaxes urbanas? todo ten o seu oco neste novo audiovisual.
O vídeo foi publicado, por agora, tanto en galego como en español.
A proposta está baseada nun concepto de Laura Fontán (Esmerarte) e está dirixida por Alberto Baamonde (director de longametraxes como Cociñando na fin do mundo). O son do vídeo foi producido por David Machado (gañador dun Goya ao Mellor Son polo seu traballo no filme El desconocido), a fotografía é de David Blanco e a produción de Olalla Camaño.
Relacionadas:
-
Unha nova campaña "vende" Pontevedra como cidade dos nenos na busca do turismo familiar
Por Redacción |
-
Pontevedra, na boca de todos
Por Redacción |
-
Pontevedra e O Salnés unen as súas forzas para potenciar as Rías Baixas como destino turístico
Por Alejandro Espiño |
-
A rexión chinesa que inspirou "Avatar" quere irmandarse con Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
As Rías Baixas botan por fóra... de turistas
Por Redacción |