O Concello de Marín tratará de impedir o derrubamento da antiga Tradepana
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín tratará de impedir nos xulgados o derrubamento da antiga nave de Tradepana (agora Cabomar).
O Concello xunto á Autoridade Portuaria solicitará no Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra a inexecución da sentenza que anuló a licenza municipal do frigorífico no porto de Marín.
A anulación da licenza concedida no seu día a Cabomar ven derivada da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulaba a modificación do Plan Especial do Porto de Marín e polo tanto a licenza de Tradepana poñendo de manifesto a inseguridade xurídica na que se atopan algunhas das empresas radicadas en terreos da propia rada.
A Plataforma en Defensa da Praza de Praceres advertiu de que as consecuencias da anulación deste estudo de detalle podería afectar a outras empresas situadas no porto de Marín e recordaban que a firma Gonvarri (auxiliar de Citroën) está situada no mesmo recheo cuxo cambio de uso foi declarado nulo por parte do TSXG.
Relacionadas:
-
A Plataforma dos Praceres pide o cesamento da actividade da nave de Cabomar Congelados
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada