Unha tenda efémera para deseñadores galegos, nova aposta de Sétima Feira
Por Redacción
A Sétima Feira seguirá tendo presenza na cidade durante o verán, pero non no seu emprazamento habitual do Mercado de Abastos.
Varias das firmas que pasaron por estas xornadas uníronse, xunto a outros xóvenes creadores galegos, para abrir unha tenda efémera na cidade.
Durante dous meses dez deseñadores e creadores poderán vender os seus produtos nun local habilitado detrás da Casa Consistorial, na rúa Alhóndiga.
"O obxectivo e a promoción do deseño galego e que eles teñan unha saída comercial", sinalou a concelleira de Promoción, Anabel Gulías, que presentou esta iniciativa acompañada da directora da Escola de Deseño e Moda de Galicia, Lola Dopico, e unha das creadoras, Olalla Osorio.
A tenda abrirá as súas portas o vindeiro xoves 4 de agosto e contará cun horario de apertura, de luns a sábado, de 12:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas. Nela poderán atoparse produtos de: Black Whale Proyect, Super Villano, León La gata, Doppiache, Xiro, Trigo Po, Green Wal Garden, Albi Castillo, Tom & Boy e Wood Proyects.