Lagasca Vintage abre o primeiro estudo concept store en Pontevedra
Por Redacción
Este novo espazo singular está situado na rúa Sarmiento, 6.
As propietarias, Mercedes Escauriaza e a súa filla Mercedes García-Nieto, aseguran que nun mundo global, no que prima a produción en cadea, "atrevémonos a reivindicar o luxo, a orixinalidade e o estilo sen ter que pagar por iso un prezo elevado. Exclusividade low cost".
Trátase dun moderno zoco, no que se pode atopar moda e complementos decorativos vintage
Trátase dun moderno zoco, no que se pode atopar moda e complementos decorativos vintage aos que lles dan unha nova oportunidade para volver brilar con máis intensidade que cando foron creados.
Tamén hai espazo para novos creadores. Arte, cultura e moda, da man, porque, parafraseando a Coco Chanel, "a moda non é algo que existe só nos vestidos, está no ceo, na rúa, ten que ver coas ideas, a forma en que vivimos, o que está sucedendo".
Lagasca Vintage brinda tamén a posibilidade de intermediar na venda de artigos de calidade ofrecidos por terceiros. Isto é, se vostede quere abrir o seu armario (Vide dressing) ou a súa casa (Vide-greniers), en Lagasca Vintage atopará a axuda necesaria. ÿ o denominado B2B (Bussines to Bussines). Conceptos moi estendidos nos países de Europa que históricamente marcan tendencias, tales como Reino Unido, Francia ou Italia, Bélxica, Alemania, Holanda e os Países Nórdicos. Ademais, se ten un capricho e non o atopa, tamén llo buscan.
A ubicación de Lagasca Vintage obedece a unha idea preconcibida: potenciar unha pequena ruta vintage en Pontevedra. Por iso, ademais de por unha fabulosa coincidencia, elexiron situarse neste histórico e xenuino local da zona monumental, moi preto doutros establecementos que comparten a súa paixón polo antigo en calquera das súas facetas: arte e literatura, obxectos curiosos, moda...
Relacionadas:
-
"Please, where is Santa María?"
Por Redacción |
-
A colección de roupa dunha alumna de Esdemga exponse no local de Lagasca Vintage
Por Redacción |
-
Os alumnos de Esdemga estrenarán pasarela: Lagasca Vintage
Por Redacción |
-
Moda, doces e solidariedade únense este Nadal en Lagasca Vintage
Por Redacción |
-
Teatro e moda dos anos 70 van da man en Pontevedra
Por Redacción |