Comezan os traslados do persoal de Cuca
Por Oskar Viéitez
Este luns empezarán a traballar na planta do Grove, dezaoito empregadas de Cuca en Vilaxoán. ÿnense así aos administrativos que desde hai varias semanas trasladaron as súas oficinas ata a localidade meca.
A presidenta do comité de empresa, María José Rey, aceptou con resignación a noticia "non lles queda máis remedio si é que queren manter os seus empregos".
Estas dezaoito mulleres xa se organizaron alugando un autobús entre todas. O luns empezarán unha nova etapa nas súas vidas, traballando no Grove, na quenda de seis da mañá a dúas da tarde, encargadas de limpar o peixe.
María José Rey explicou que as protestas do persoal continuarán esta semana. Será o mércores no consistorio de Vilagarcía na Praza Ravella. A concentración será a partir das dez e media da mañá.
Ademais o comité de empresa entregará no rexistro as 12.000 firmas recollidas contra o peche da fábrica de Vilaxoán.
Relacionadas:
-
Garavilla carece de autorización da Xunta para o traslado de Cuca
Por Redacción |
-
As traballadoras de Cuca manterán o luns unha xuntanza coa Conselleira do Mar
Por Redacción |
-
Sinaturas dixitais para evitar o traslado de Conservas Cuca
Por Redacción |
-
Louzán presionará para evitar o traslado de Conservas Cuca
Por Oskar Viéitez |
-
Traballadoras de Cuca ou a loita por preservar unha vida: "veunos aquí a regra e veunos aquí a menopausia"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |