Presentan unha queixa ante o Poder Xudicial polo arquivo dos insultos a Carmela Silva
Por Redacción
O arquivo da querela presentada por Jorge Caldas, o concelleiro do PP de Moraña que chamou "mala zorra" a Carmela Silva, segue xerando reaccións. As últimas en manifestar o seu rexeitamento ao auto xudicial foron catro asociacións feministas da provincia.
Fixérono mediante unha queixa formal que foi dirixida ao observatorio contra a violencia doméstica e de xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial e no que protestan polo contido do auto da titular do xulgado de instrución número 3 de Pontevedra, Rosa María García Pardo, que enmarca esas palabras dentro da liberdade de expresión.
As expresións proferidas contra a presidenta da deputación pontevedresa, para estes catro colectivos, son "gravemente atentatorias" contra a súa dignidade e pertencen ao ámbito da "violencia patriarcal".
Lembran que no actual contexto de violencia estrutural contra as mulleres, os servidores públicos "han de mostrar unha sensibilidade especial" ante condutas deste tipo, xa que permitir que as vítimas queden desamparadas "supón lexitimar esta violencia e perpetuala".
"Resolucións como a mencionada non fan senón acentuar o sentimento de indefensión que moitas mulleres padecen por canto, por unha banda, ínstasenos a denunciar as agresións e, por outro, cando se dá o paso de facelo, se nos deslexitima desta forma", aseguran os colectivos denunciantes.
A queixa foi presentada pola Rede Provincial Pontevedra pola Igualdade, Teenses pola Igualdade, O Soño de Lilith e a Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidade Galega (APAIOGA), a través do rexistro do Concello de Cuntis.
Relacionadas:
-
Condenado o ex concelleiro do PP que insultou a Carmela Silva por redes sociais
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva, satisfeita pola reapertura do caso dos insultos machistas realizados contra ela
Por Redacción |
-
Convocan aos pontevedreses para deseñar unha campaña contra a "cultura da violación"
Por Oskar Viéitez |
-
A presidenta da Deputación lamenta que "haxa mulleres que non se somen á loita pola igualdade"
Por Oskar Viéitez |
-
Unha xuíza de violencia de xénero ampara na liberdade de expresión chamar "mala zorra" á presidenta da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Dimite o edil do PP que chamou "mala zorra" á presidenta da Deputación
Por Redacción |