A rúa Real énchese de papaventos
Por Redacción
A Asociación de Comerciantes Centro Comercial Urbano (CCU) Zona Monumental, co ánimo de seguir dinamizando o centro histórico, imprimiu o plano en manteis que se repartiron entre os hostaleiros.
Desta maneira os turistas e clientes, poderán observalo mentres esperan a súa consumición.
Todo aquel que desexe dispoñer destes manteis no seu establecemento poden solicitalo na oficina da Asociación (Rúa Sierra nº1 - 986866530 - 685896569) en horario de mañá.
Ademais, como outras moitas veces, a rúa Real loce unha nova decoración. O CCU Zona Monumental, xunto cos comerciantes da rúa, e a colaboración da empresa Setga, cubriron a rúa con papaventos, que a dan un gran colorido á mesma.