O BOE publica a adxudicación a Eptisa e Idom Enxeñería do plan de saneamento da ría
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Boletín Oficial do Estado (BOE) deste martes publica a adxudicación á unión temporal de empresas (UTE) que forman Eptisa e Idom Enxeñería do plan de saneamento da ría de Pontevedra.
O orzamento de Augas de Galicia para este estudo supera os 1,2 millóns de euros, que serán cofinanciados nun 80 % con fondos europeos.
O estudo de necesidades e obras encargado a Idom e Eptisa debe estar elaborado en 2018, aínda que as primeiras actuacións por parte da Xunta xa se programan para este ano en curso.
A alianza das consultoras Eptisa e Idom obtivo a mellor puntuación entre as trece propostas que manexou a Xunta. O concurso foi licitado en outubro pasado.