Ponte Caldelas renova os convenios cos tres colexios do municipio
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, está a firmar estes días os convenios para a dinamización dos tres centros escolares do municipio, segundo informa o goberno municipal.
O colexio de Educación Infantil da Reigosa-Tourón recibirá unha subvención municipal de 1.000 euros para a realización de actividades complementarias entre o alumnado. O acordo asinado entre o alcalde e a súa directora, Concepción Otero, permitirá que o centro poida desenvolver o calendario previsto en colaboración coas nais e pais.
Do mesmo xeito, o convenio entre o Concello e o Instituto de Ensino de Educación Secundaria permitirá a formación complementaria do seu alumnado. A colaboración do Concello, cun total de 900 euros, quedou reflectida no convenio que asinou a súa directora, Patricia Duarte.
Nos próximos días tocaralle a quenda ao colexio Manuel Cordo Boullosa, que recibirá unha achega por un importe de 400 euros.
O alcalde destacou que, nos tres casos, as achegas municipais permitirán organizar saídas e excursións programadas polos centros.
Por outra banda, ao longo das próximas semanas asinaranse os respectivos convenios coas asociacións de nais e pais coas que o Concello colabora no financiamento das dúas actividades extraescolares.
En todos os casos prodúcese un incremento na dotación asignada, pois o goberno local entende que é preciso apoiar á comunidade educativa no desenvolvemento da súa programación ao marxe da actividade ordinaria dos centros escolares.
Relacionadas:
-
O Concello de Ponte Caldelas incrementa nun 60% as axudas ás ANPA
Por Redacción |
-
Ultimado o proxecto técnico para as obras de ampliación do CEIP da Reigosa
Por Redacción |
-
Leccións de ecoloxía e arte rupestre no colexio da Reigosa
Por Oskar Viéitez |
-
Díaz tilda a Perfecto Rodríguez de "mentiroso" e lle acusa de deixar só 6.000 euros para todos os colexios
Por Redacción |