De quen son os Baños de San Xusto?
Por Redacción
O Concello de Cotobade iniciou un expediente de investigación para coñecer de quen é a titularidade dos Baños de San Xusto, na parroquia de San Xurxo de Sacos.
O obxectivo final é facerse coa titularidade dos mesmos e despois poñelos a disposición da Xunta de Galicia para a súa recuperación.
O alcalde, Jorge Cubela, presentou unha proposta de rehabilitación da zona á Consellería de Medio Ambiente, que aceptou a proposta e puxo sobre a mesa un acordo de colaboración para a súa recuperación patrimonial e etnográfica.
"Tendo en conta que Medio Ambiente aposta por este proxecto imos comezar con estes trámites dende xa para poder facernos coa titularidade dos terreos no prazo máis curto posible", explicou Cubela.
Os Baños de San Xusto foron un foco turístico e un activo medicinal a principios do século XX, chegando a contar con doce bañeiras de augas sulfuro-fluoradas. Agora a intención do goberno local pasa por mellorar a contorna, acometer unha reforma integral da antiga central e a súa conversión nun balneario e un complexo de augas termais.
Relacionadas:
-
Jorge Cubela arremete contra cargos do PSOE por "tentar paralizar" a rehabilitación dos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
Autorizan o acceso ás augas medicinais da Freixa
Por Redacción |
-
Impulsan un proxecto para recuperar e poñer en valor as augas medicinais da Freixa
Por Redacción |
-
A parcela dos Baños de San Xusto e a antiga minicentral serán municipalizadas
Por Redacción |
-
Primeiro paso para a recuperación patrimonial e paisaxística dos Baños de San Xusto
Por Redacción |