Os extraballadores do Centro Comercial do Salnés concéntranse en Ourense polos despedimentos en Agader
Por Redacción
Extraballadores do Centro Comarcal do Salnés concentráronse ante os xulgados de Ourense onde comezaron os xuizos por despedimentos na empresa pública Agader, dependente da Consellería de Medio Rural. O sindicato CIG anuncia que esta é a primeira de varias concentracións que val levar a cabo coa esperanza de que os despedimentos sexan declarados nulos.
Segundo denuncia o sindicato nacionalista, en novembro de 2012 tras as eleccións autonómicas, a Xunta de Galicia creaba unha nova relación de postos de traballo en Agader e supoñía o despedimento de 23 persoas que anteriormente tiñan gañado xuizos contra a administración autonómica. A escusa empregada para poñer en práctica os despedimentos foi a crise, pero dende a CIG consideran que se trata dunha "limpeza" de traballadores.
Ante esta situación, o sindicato reclama unha xuntanza coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, para reclamarlle a elaboración dunha nova relación de postos de traballo "sen condicionantes discriminatorios".