Unanimidade ante a proposta do PSOE de cobrar unha taxa ás empresas de telefonía móbil
Por Redacción
O Concello de Pontevedra adaptará a normativa municipal á recente sentenza do Tribunal Supremo que permite establecer unha taxa para cobrarlle ás empresas de telefonía polo uso do dominio publico. Así se fará despois de que a comisión de Economía e Facenda aprobara por unanimidade a proposta presentada polo PSdeG-PSOE.
Os socialistas aceptaron a emenda presentada polo goberno municipal consistente en contratar a unha asistencia técnica para levar a cabo o traballo de campo. O compromiso é que estea contratada no prazo máximo dun mes.
"Trátase de que a iniciativa non quede nun caixón senón que teña utilidade para os veciños. E recadar ao redor de 300.000 euros pode ser moi útil" indicou Tino Fernández, portavoz do grupo socialista.
A idea é que a ordenanza estea operativa en xaneiro de 2017 e poida ser xa un elemento recadatorio para as arcas municipais.
Con todo, os socialistas aseguran que este tipo de iniciativas deberan saír do goberno porque "non é moi comprensible que non se actúe ante a posibilidade de incrementar os ingresos", algo que na súa opinión "dá unha sensación de pereza e desgoberno que non é boa para a cidade".
A modificación instada polos socialistas consiste basicamente en adaptar a base impoñible da cota tributaria ás especificacións da sentenza.
Relacionadas:
-
Pontevedra agarda recadar 150.000 euros anuais cunha taxa ás empresas de telefonía
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE pide a Lores que evite facerse a vítima no debate sobre os composteiros
Por Redacción |
-
Os impostos e taxas municipais, conxelados por terceiro ano consecutivo
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas piden ao Concello que cobre unha taxa ás empresas de telefonía móbil
Por Oskar Viéitez |