Un condutor foxe dun control da Garda Civil en Campañó e detéñeno en Barro tras sufrir un accidente
Por Natalia Puga
Un condutor pontevedrés protagonizou unha rocambolesca fuxida durante varios kilómestros. Fuxiu dun control de tráfico da Garda Civil, meteuse por estradas secundarias, foi parar a outro municipio, puxo en perigo outros coches, golpeou as patrullas que o perseguían e encaixouse nunha taxea esnaquizando o coche. El acabou dando positivo en consumo de drogas e declarando no xulgado en calidade de detido.
Os feitos aconteceron na mañá do xoves 14 de febreiro entre Campañó, no termo municipal de Pontevedra, e Barro. Tras ser arrestado, o condutor, que ten antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Caldas de Reis, quedando en liberdade con cargos.
O protagonista é M.B.G., de 50 anos e veciño de Valga, e foi detido por axentes do subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra detivo como suposto autor dun delito contra a seguridade vial (conducir de forma manifestamente temeraria), outro de danos e por desobediencia a axentes da autoridade.
Axentes de Tráfico estaban a realizar un control na estrada PO-531, que une Pontevedra e Baión, á altura da parroquia pontevedresa de Campañó e ordenaron que se detivese o condutor dun turismo marca Renault, pero este desobedeceu a orde e fuxiu.
Na súa fuxida realizou unha condución manifestamente temeraria poñendo en grave perigo a outros condutores e golpeando, intencionadamente, o seu turismo contra os dous vehículos policiais que trataban de obrigalo a deter a marcha, causando danos nos devanditos vehículos.
Meteuse unha estrada secundaria e foi parar á N-550 Pontevedra-Santiago de Compostela. Á altura do termo municipal de Barro, perdeu o control e o seu vehículo foi parar a unha tajea, resultando o coche con importantes danos e ileso o chofer e único ocupante. Tras ser detido, botou resultado positivo na proba de detección de drogas.