A escritora Fina Casalderrey reclama apoio para a educación pública
Por Anxo Lourido
"Eu fun á educación pública. Sei subir os baixos dun pantalón e fun mestra durante 40 anos. Meu fillo e a miña filla foron sempre a centros públicos. A educación pública é un dereito constitucional que se nos está esvaindo como fume de cabicha. ÿ o espello dunha sociedade e non pode ser vulnerable a intereses económicos". Así se manifestaba a escritora Fina Casalderrey durante a lectura dun comunicado de reivindicación do ensino público.
Arredor de trinta persoas entre as que figuraban políticos como Guillermo Meijón, Agustín Fernández ou Luis Bará, sindicalistas, mestres e pais de alumnos participaron no acto organizado pola Federación das asociacións de nais e pais (FANPA). O presidente deste colectivo, Alberto Pita, indicou que este acto é previo á actividade lúdica que van a celebrar o 23 de febreiro en Monte Porreiro e sinalou que "o que pretendemos é que se invirta no ensino público con conciencia de invertir. A educación é o que fai que os españois seamos iguais. Os diñeiros públicos teñen que ser invertidos nos cidadáns non en determinadas empresas". A Comunidade educativa reclama investimentos na sociedade do futuro porque "o contrario é hipotecar o futuro dunha xeración de persoas que non teñen culpa do que estamos a decidir". Pita apuntou que "levamos catro anos con reaxustes, con menos profesores, coa distribución dos alumnos sen criterio, coas obras de mantemento das instalacións mínimas. Temos o exemplo do Froebel que leva tres anos de retraso nas obras e con menos da metade do presuposto inicial".
Fina Casalderrey insistió en que "dende o ensino público tamén se pode chegar a académica. Se soben as taxas na Universidade é moi fácil pensar que só os fillos dos ricos poderán tirar para adiante e os outros terán que ir para casa. As crises seguen a afectar aos mesmos. Incluso hai quen se fai máis rico". E concluíu: "Educación e Sanidade son os dous medidores que nos din se un país vai para adiante ou non. ÿ unha mágoa que as cousas vaian para atrás".