Cotobade traslada o expediente da fusión con Cerdedo á Xunta e á Deputación
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O pleno de Cotobade aprobou este xoves a resolución desestimatoria das alegacións presentadas ao proceso de fusión co Concello de Cerdedo e deu así por finalizada a tramitación municipal desta unión, cuxo expediente pasa agora a mans da Deputación de Pontevedra e dos distintos departamentos autonómicos da Xunta de Galicia para o seu ditame e a culminación da agrupación definitiva de ambos concellos.
Este acordo, que supón o derradeiro trámite municipal antes de que se produza a fusión, foi aprobado por maioría absoluta cos 7 votos do grupo de goberno e por unanimidade da corporación municipal presente na sala no intre da votación, xa que os tres concelleiros do grupo municipal do PSOE que asistiron a esta sesión extraordinaria optaron por abandonar a mesma alegando que careceron de tempo para estudar a documentación e "para non ser cómplices dunha decisión tan importante e tan pouco fundamentada".
Este xoves a Plataforma Non á fusión non acudiu ao pleno de Cotobade nin tampouco ao de Cerdedo que se celebrou de xeito simultáneo.
Nun comunicado valoraron que o pleno "foi tratado de xeito antidemocrático, como todo este proceso, e como alí se iba a levar a cabo un simulacro de democracia decidimos non asistir a tal aberración".
Relacionadas:
-
Feijóo avala a fusión entre Cotobade e Cerdedo: "É unha decisión moi valente e oportuna"
Por Alejandro Espiño |
-
Os alcaldes de Cotobade e Cerdedo defenden a fusión tras os informes da Deputación e arremeten contra Carmela Silva
Por Redacción |
-
Rueda pide á presidenta da Deputación un informe obxectivo sobre a fusión Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
A plataforma Non á Fusión pide aos alcaldes que fagan pública a primeira enquisa sobre a unión de Cerdedo e Cotobade
Por Redacción |
-
Un estudo de opinión encargado polos concellos conclúe que os veciños de Cotobade e Cerdedo apoian a fusión
Por Redacción |
-
Gañemos Cotobade apoia a fusión entre Cerdedo e Cotobade
Por Redacción |