Carballedo estreará este venres a súa feira mensual
Por Redacción
O Concello de Cotobade empeza este venres día 8 de xullo unha feira mensual en Carballedo, no lugar da Chan, que contará con máis dunha treintena de postos de venda. O obxectivo principal deste proxecto é a dinamización económica e comercial da zona e do municipio en xeral, a través dun mercadillo, tan arraigado en numerosas vilas e pobos de Galicia.
Nesta feira contarase con postos de venda de productos de alimentación, roupa, calzado, materiais de agro e ferramentas, artesanía, etc. Contará tamén con servizo de pulpería. O horario será dende ás 10 horas ata ás 14 horas.
O goberno ten a intención de seguir ofertando novas prazas para o mercado para as vindeiras citas, seguindo o proceso administrativo que proceda para asegurar a máxima seguridade xurídica.
Dende o goberno están convencidos de que é unha iniciativa de gran impulso económico e comercial para o municipio. Entre os veciños e comercios da zona tamén terá unha gran repercusión en xeral.
Relacionadas:
-
O mercadiño de Carballedo transfórmase o venres nunha edición especial da Feira de Nadal
Por Redacción |
-
O mercadiño de Carballedo cumpre un ano
Por Redacción |
-
Carballedo estrea este venres a Feira de Pascua
Por Redacción |
-
A feira de Carballedo ten unha media de 400 clientes cada mes
Por Redacción |
-
O 8 de xullo, primeira cita coa feira mensual de Carballedo
Por Redacción |
-
Carballedo celebrará un mercadiño ambulante os primeiros venres de cada mes
Por Oskar Viéitez |