O goberno municipal de Barro adxudica obras por máis de 165.000 euros
Por Redacción
A Xunta de Goberno local de Barro adxudicou varios proxectos financiados tanto con recursos propios como co Plan Concellos 2016 da Deputación, co obxectivo de que se executen todos ao longo do verán, para causar as menores molestias posibles ós veciños, e ao mesmo tempo se poida desfrutar da mellora de estes equipamentos e servizos o antes posible.
Un dos proxectos adxudicados é a construcción dun muro de contención no lugar de Magdalena, en Agudelo orzamentado en 21.824 euros. Das cinco ofertas presentadas adxudicouse a Granitos Mapasa, S.L., que ofertou unha mellora económica de 6.178 euros.
A empresa E.C. Casas encargarase da ampliación das beirarrúas para a mellora da seguridade peonil, no San Antoniño. Estes traballos están orzamentados en 21.378 euros. A firma adxudicataria ofertou unha mellora consistente en 27 metros de canalización de servizos, 2 puntos de luz e 50 metros cadrados de beirarrúas.
No lugar de Sequeiros renovarase o pavimento do vial, unha mellora orzamentada en 34.426 euros que fará a empresa NEXIA que ofertou unha mellora de 14.966 euros.
Pola súa banda Covsa pavimentara outro vial na Maquieira orzamentado en 4.187 euros. E Fontefría S.L. responsabilizarase da mellora dos accesos a Fonte de Curro e Porráns (O Pazo) cun presuposto de 62.653 euros. Esta adxudicataria ofertou unha mellora de 1950 metros cadrados a maiores de asfaltado.
E finalmente acometerase a mellora de parques infantís por un total de 21.085 euros. Das catro ofertas presentadas adxudicouse a Zona de Obra que ofertou unha mellora de 7.417 euros.