Alpinismo para reparar o edificio do antigo cine Gonviz
Por Redacción
Os viandantes empezaron a deterse na glorieta de Compostela, a arremuiñarse na coñecida como 'fonte dos nenos' e botar mirada cara a arriba. Xuntábanse decenas de persoas e todas coa atención posta na fachada do mesmo edificio e, en particular, nuns alpinistas moi pouco habituais no centro de Pontevedra.
O misterio resolveuse cando baixaron das alturas e responderon ás preguntas dos curiosos, pero antes especulárase moito. Que facían varios homes con cordas e arneses descolgados dende o tellado do edificio que acollía o antigo cine Gonviz?
Non practicaban alpinismo, non facían deporte, estaban a traballar. Son asalariados da empresa Sergama Reparaciones de Altura S.L., un asina con sede no Grove contratada para reparar a fachada do citado edificio. Gretas en fachadas e medianeiras non se resisten a estes traballadores, especializados en asegurar os edificios sen a necesidade de ter que montar incómodas estadas que ocupan parte da beirarrúa e dificultan o paso dos viandantes ou custosas grúas con dificultades de movementos en rúas estreitas..
Neste caso, contratóuselles para reparar e acondicionar o citado edificio, aínda que a súa técnica de descolgase dende o alto do inmoble para ir baixando e percorrendo toda a parede pódese aplicar tamén para outras tarefas como a instalación de canles e baixantes, o tratamento de formigón, efoscados e revestimentos tuvos de evacuación de fumes, impermeabilizacións... todo o que requira chegar a distintas alturas dun edificio e realizar traballos de precisión.
Ademais do material especializado para a obra en concreto, a súa ferramenta básica de traballo e os seus aliados son cordas e ancoraxes. Con eles chegan aos sitios máis recónditos e a eses espazos confinados aos que tanto custa acceder. Este xoves conseguiron un público entregado en decenas de pontevedres, algúns dos cales non se terían imaxinado, cando lles viron ao lonxe, que era o que estaban a facer.