Trasladan ao Hospital Domínguez unha persoa ferida nun accidente diante de Montecelo
Por Redacción
Unha persoa foi trasladada ao Hospital Domínguez de Pontevedra tras resultar ferida leve nun accidente de tráfico. O curioso do caso é que o sinistro no que sufriu os danos produciuse xusto ás portas doutro centro hospitalario, Montecelo.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse ás 13.04 horas e consistiu nunha colisión por alcance diante de Montecelo. A alerta deuna o 061, que tamén procedeu á atención da vítima.
Fontes de Urxencias Médicas de Galicia 061 indicaron que a raíz deste accidente rexistrouse un ferido, unha persoa que foi trasladada cun pronóstico leve ao Domínguez por unha ambulancia asistencial.