"Menudo año Mariano" nas Murgas de Pontevedra
Por Diego Torrado & Natalia Puga
"Menudo año Mariano"o que retrataron na noite do mércores os catro grupos que participaron na segunda semifinal do certame de Murgas 2013 do Entroido de Pontevedra. Tres agrupacións pontevedresas e unha do Grove competían por un oco na final que se celebrará hoxe xoves 14 de febreiro ás 21.00 horas no Pazo dá Cultura e para logralo botaron o resto.
Retranca, crítica sen disimulos nin pelos na lingua e creatividade na súa vestimenta e posta en escena reinaron na noite e parece que lograron convencer o xurado, pois tres delas se clasificaron. 'Ultra Sur do Grove', 'Murga feminina de Pontevedra. Lo que el Gobierno se llevó', 'Murga PTV, Penitentes de toda la vida' e 'Equipo Ja' saíron a escena. Agás a primeira, todas se clasificaron. Na final competirán cunha das participantes na primeira sesión, 'Os da Baiuca do Grove'.
"Miúdo ano Mariano. Ao presidente de España cústalle falar" foi unha das coplas que puido escoitarse e que resume as temáticas maioritarias en todas as cancións interpretadas. A crítica ao Goberno central e os seus recortes do último ano, o caso Bárcenas e os sobres con supostas sobresoldos en B do Partido Popular competiron en espazo con outros dos temas estrela desta edición 2013 das Murgas, a estafa das participacións preferentes e a crítica á familia real española e os escándalos do Rei Juan Carlos, Froilán e Urdangarín do último ano.
A Felipe Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar e Borbón, primeiro nego dos Reis, recomendáronlle que a próxima vez que queira usar unha escopeta, para evitar o balinazo no pé que sufriu estando co seu pai, lle recomendaron irse co seu avó o Rei Juan Carlos en busca de elefantes a Botswana. E aos afectados polas preferentes, maior dureza nas súas protestas: "En Caixanova coas pancartas pedindo están. Mellor sería ir coa pistola e entrar a cobrar".
Coas expresións nada contidas e con linguaxe coloquial que empregan todos os participantes, un dos grupos resumiu nunha sóla frase o sentir da poboación cara á situación económica e política actual: estamos ata os collóns" (neste caso, a frase completa foi: "en la banda de la Brilat estamos hasta los cojones").
Vestidos ao Moulan Rouge, con traxes de época inspirados na película Lo que el viento se llevó, enfermeiras vítimas dos recortes e soldados da Brilat que recordaron que os efectivos da base militar de Figueirido están na actualidade en misión humanitaria en Afganistán e inmersos en plena negociación cos veciños de Pontevedra e Vilaboa polos terreos do acuartelamiento.Todos con traxes nos que non faltaron detalles.
A segunda semifinal do XXII certame gañou á primeira en asistencia e xa dende as 20.00 horas o aforamento estaba completo e, por razóns de seguridade, foi necesario impedir a entrada a máis público a pesar de que moitos asistentes solicitaron permanecer mesmo de pé.