ENCE construirá este ano a súa planta de biomasa en Lourizán
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A empresa Ence construirá unha planta de biomasa de 40 megawatios nos terreos da fábrica de celulosa de Lourizán. Así o confirmou este martes o conselleiro delegado do grupo Ence, Ignacio Colmenares, durante a firma dun pacto ambiental coa Xunta de Galicia.
En virtude deste pacto a empresa pasteira comprométese a investir 193 millóns de euros na comarca de Pontevedra e Galicia durante o próximos catro anos.
Este pacto é, segundo o primeiro executivo da compañía, "claro testemuño do compromiso de Ence con Pontevedra, con Galicia, coa súa xente, co medio ambiente, e co desenvolvemento económico e a creación de emprego", dixo Colmenares en galego.
"Ence é unha compañía totalmente distinta á antiga empresa estatal de celulosas", reiterou o vicepresidente da compañía. "Estamos dedicando todas as nosas forzas e enerxías para ser querida por todos os habitantes de Pontevedra e para convertirse no motor da bioeconomía en Galicia", engadiu. Todo iso se vincula co "talante" co que Ence afronta a súa "nova etapa" en Pontevedra.
Estes investimentos supoñerán a creación un mínimo de "80 postos de traballo directos e indirectos".
Colmenares tamén anunciou que xa se están realizando os trámites administrativos necesarios para actualizar a Autorización Ambiental Integrada da fábrica así como as modificacións urbanísticas necesarias no Plan Supramunicipal que afecta a Ence para poder iniciar as obras de construción da planta de biomasa antes de que finalice o ano.
O pacto inclúe as melloras ambientais e paisaxísticas na propia fábrica por un montante superior aos 30 millóns de euros e tamén 15 millóns para a estación depuradora de Os Praceres, a construción dun campo de fútbol "preto de Lourizán", un novo programa de bolsas e axudas e unha mesa de traballo polo saneamento da ría.
Entre outros investimentos Ence quere que o Pazo de Lourizán sexa o seu centro de investigación, para o que destinarán dez millóns de euros. Aínda que este investimento está supeditada á autorización do titular do histórico edificio que é a Deputación de Pontevedra.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, ratificaron que este pacto "cumpre con ese plus de compromiso" con Pontevedra e Galicia "que nós desde a Xunta sempre lle demandabamos" ademais do estrito cumprimento da lexislación ambiental.
"Esto non é unha simple declaración de intencións, senón todo o contrario. É unha folla de ruta con medidas, investimentos e un calendario de execución concreto", sinalaron. Rueda asegurou que a sinatura deste pacto supón un "antes e un despois" na relación entre Ence e a comarca de Pontevedra.
Finalmente, Xunta e Ence anunciaron a firma dun convenio nos próximos meses mediante o cal a empresa destinará a actuacións de "carácter social, cultural e deportivo" un total de tres millóns de euros cada ano durante os 60 anos que dure a concesión o tempo que dure a concesión. En principio os beneficiarios serían os concellos de Pontevedra, Marín e Poio.
Relacionadas:
-
Ence paraliza a planta de biomasa de Pontevedra e reduce en 49 millóns o investimento previsto
Por Alejandro Espiño |
-
Adega acusa á Xunta de dar "carta branca a ENCE" desregulando as plantas de biomasa
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR critica a "complicidade submisa do goberno galego" con ENCE no Pacto Ambiental
Por Natalia Puga |
-
A Mancomunidade de Montes de Pontevedra rexeita a instalación da central de biomasa de ENCE en Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
Ence creará unha comisión para apoiar o seu programa social na comarca
Por Redacción |
-
O PP quere que os cartos de Ence cheguen aos vecinos de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE a Lores: "A prórroga non pode ser levada aos tribunais europeos por moito que se obstine"
Por Redacción |
-
Lores, sobre o pacto ambiental de Ence e a Xunta: "A min non me van convencer con abalorios"
Por Natalia Puga |
-
Ence mantén os proxectos de investimento comprometidos en Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
Apoian os pontevedreses o recurso contra ENCE interposto polo Concello?
Por Oskar Viéitez |
-
A nova depuradora de Praceres tamén será cousa de ENCE
Por Redacción |