Ferido leve un ciclista arroiado por un coche en Sanxenxo
Por Redacción
Un ciclista resultou ferido leve despois de ser atropelado por un coche nunha rotonda da PO-304 ao seu paso por Sanxenxo.
Ao lugar dos feitos, á altura do hipermercado Carrefour en dirección ao Vinquiño, trasladáronse efectivos de Ermerxencias de Sanxenxo e 061 despois de que o 112 recibise o aviso dun particular ás 16:39 horas. Finalmente os sanitarios trasladaron ao ciclista a un centro hospitalario.