Investigan se unha muller localizada sen vida polo seu home na Lama foi víctima dun escape de gas
Por Redacción
A Garda Civil e o Xulgado de Garda de Pontevedra manteñen aberta unha investigación para aclarar as causas da morte dunha muller cuxo cadáver foi atopado na madrugada deste mércores 13 de febreiro na súa casa do lugar de A Porteliña, na parroquia de Antas, en A Lama.
Un dos motivos que cobra maior peso é que faleceu por unha intoxicación por monóxido de carbono por un escape de gas, pero non descarta ningunha hipótese.
O cadáver de MC.M.P., de 61 anos de idade, foi encontrado polo seu marido sobre as 4.00 horas da madrugada. Estaba tendida no chan da cociña do seu domicilio e, ao parecer, tiña ao lado un charco de vómito.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerencias de Galicia 112, os efectivos sanitarios trasladáronse á zona, pero traladados á zona non puideron facer nada por salvar a vida da muller e detectaron a presenza de monóxido nunha primeira medición. A continuación, ás 5.19 horas, mobilizouse os Bombeiros do Morrazo e Garda Civil de ponte Caldelas, pero foi imposible confirmar eses datos ao encontrarse as ventás da vivenda abertas para ventilar.
O persoal do 061 trasladado ao lugar certificou a súa morte, pero non estableceu as causas desta, de modo que o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra e do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, en funcións de garda, abriron unha investigación para determinar as causas do falecemento.
Ao lugar desprazouse un médico forense, que ordenou o levantamento do cadáver e o seu traslado ao Hospital Provincial de Pontevedra para a realización da preceptiva autopsia.
As primeiras investigacións realizadas no lugar do incidente indican que o cadáver non tiñan ningún indicio ou síntoma de violencia, nin tampouco encontráronse restos similares na estanza na que foi localizada.