Rubén González e Sergio Orge representarán a Pontevedra na final do certame De Tapas por Galicia
Por Redacción
Os cociñeiros do Cafetín, Rubén González e Sergio Orge, representarán a gastronomía de Pontevedra na final do certame De Tapas por Galicia o vindeiro 4 de xullo na Cidade da Cultura. Foron os gañadores do concurso PontedeTapas 2015 e competirán cos vencedores dos concursos de petiscos das sete cidades galegas.
De Tapas por Galicia é unha iniciativa coa que Turismo de Galicia pretende pór en valor o turismo gastronómico e urbano na comunidade e promover as cidades como destino a través da puxanza deste tipo de cociña de pequeno tamaño e dos certames que apoian a creatividade dos cociñeiros.
Este 2016 é xa o segundo ano consecutivo no que o Cafetín acode á final de De Tapas por Galicia.Nesta ocasión, os seus cociñeiros concorren despois de vencer Pontedetapas cunha navalla confeitada con xeo seco e toques cítricos. Será esta a mesma receita que rpara o premio ao Mellor Cociñeiro, unha elaboración baseada no molusco, presentado nunha cuncha comestible feita de pasta wanton e alga nori; maionesa de plancto; perlas esferificadas de lima e limón feitas con alxinato cálcico e cloruro sódico; flores e vexetais; e unha néboa cítrica creada con xeo seco e caldo quente.
Durante a final na Cidade da Cultura, entragarase un premio por parte dun xurado formado por profesionais da gastronomía e a restauración; e polo público asistente. Ademáis de González e Orge concorren Luis Peral (Oido Cocina, A Coruña); Siro González (restaurante Siro González, Santiago de Compostela); Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez (bodega de Estrella, Ferrol); Gerson Iglesias e Carlos Barreira (Petisquiño, Vigo); Cristina Dias (Porta da Pía, Ourense); e Alejandro Méndez (Os Cachivaches, Lugo).
Relacionadas:
-
Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín) volven representar a Pontevedra no certame De Tapas por Galicia
Por Redacción |
-
Rubén González e Sergio Orge (El Cafetín), gañadores do concurso De Tapas por Galicia
Por Redacción |
-
Pontedetapas 2016 manterase en novembro pero estenderase a tres fines de semana completas
Por Redacción |
-
Casa Román, El Cafetín de la Alameda e PTV, premios Pontedetapas 2015
Por Cristina Saiz |
-
Todos a tapear por Pontevedra!
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |