PP, PSOE e BNG pactan evitar que o PXOM de Ponte Caldelas sexa obxecto de loitas partidistas
Por Redacción
Ponte Caldelas móstrase decidida a dar un impulso definitivo á redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Pero antes había que establecer as "regras de xogo". E aí, PP, PSOE e BNG alcanzaron un pacto para evitar que a redacción do PXOM sexa obxecto de loitas partidistas que impidan a súa aprobación, para o que o alcalde garantiu á oposición a máxima transparencia e participación na súa redacción.
"Todos perseguimos el mismo objetivo, delimitar los núcleos rurales y el suelo urbano para intentar garantizar su crecimiento. Pero lo cierto es que aunque este es el objetivo común que todos perseguimos, la ley tiene muchas limitaciones que no podemos saltar si queremos que el PXOM se apruebe por eso vamos a intentar buscar esos objetivos con el máximo consenso", explicou Perfecto Rodríguez.
Foi no transcurso da comisión de seguemento do PXOM, formada entre outros polos portavoces dos tres partidos, Francisco Regueira (PP), Andrés Díaz (PSOE) e Lito Muíños (BNG), que se reuniu co equipo redactor para coñecer os avances realizados polos técnicos logo da reunión mantida o pasado mes na Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta na que se aclararon algúns conceptos da lei relativa á consolidación dos núcleos.
A lexislación urbanística é moi complexa tal e como explicou o equipo redactor, e na delimitación dos núcleos rurales só pódense incluír novos terreos edificables cando se garante que hai un grado de consolidación de construcións xa existentes. Esa é o labor que están desenvolvendo os técnicos para garantir que se cumpra a Lei de Ordenación Urbanística de Galicia (LOUGA), porque de non facelo así o PXOM non podería aprobarse.
A idea é seguir mantendo reunións periódicas nos próximos meses para conseguir enviar antes de final de ano á Xunta un documento para o seu informe previo. Normalmente ese informe previo que realiza a Xunta é o máis trascendente posto que en moitas ocasións ese informe vinculante frustra a tramitación de moitos plans. Precisamente para evitar iso o alcalde e os portavoces pretenden manter á vez reunións periódicas cos técnicos da Xunta para intentar conseguir que o documento que se remita á Xunta conte co máximo respaldo da Secretaría Xeral de Urbanismo.
Ademais, o alcalde tamén solicitou aos portavoces "lealtad con este pacto porque solo así conseguiremos aprobar el PXOM en esta legislatura".