CIG concentrarase se o Fondo de Garantía Salarial segue quedándose cos cartos dos concursos de acreedores
Por Redacción
Ameazan con concentracións ante a sede do Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) en Vigo nun prazo máximo de 2 meses. Rafael Iglesias, secretario comarcal da CIG, mostrou o seu malestar ante a actitude que está a manter o organismo público. Asegura que o FOGASA naquelas empresas que acoden ao concurso de acredores e, na medida que adiantou o diñeiro das indemnizacións nun 40%, queda coas cantidades sen que os traballadores poidan acceder a ese diñeiro.
Rafael Iglesias puxo como exemplo o caso Proinsa, os 300 traballadores teñen unha débeda de 6 millóns de euros, o Fogasa adiantou 3 e aos traballadores quédalles por cobrar outros 3. O concurso por venda de activos xerou 1 millón 250 mil máis 300 mil e agora o Fogasa cobrou 800 mil euros e non lle proporciona parte dese diñeiro aos traballadores que seguen sen cobrar a débeda. Antes, di Rafael Iglesias, íase a un prorrateo. Agora, afirma, non poden. "Estas son ordes de Madrid", asegura Iglesias. "ÿ unha política do Partido Popular, das directrices do Ministerio de Traballo e de Fátima Báñez xa que os recursos son limitados e poñen moita burocracia para pagar e dar problemas para que poidan cobrar os traballadores".
O secretario comarcal de la CIG asegura que a reforma laboral segue a provocar moito dano aos traballadores: "están despedidos, con prestacións de desemprego disminuidos, con problemas de prestación do FOGASA e a ameazas dos administradores xudiciais para que non vaian a prorrata. A reforma laboral está moi mal, moi mal".
E lamentou o feito de que o Estado sexa quen estea a pagar o 40% dos despedimentos en empresas de menos de 25 traballadores.
Indica que no 2012 duplicáronse respecto ao ano anterior os concursos de acreedores na comarca.