O cociñeiro Pepe Solla será o pregoeiro das festas de San Xoán en Poio
Por Redacción
Do mesmo xeito que fora o seu pai, o cociñeiro Pepe Solla, de Casa Solla, será o pregoeiro das festas de San Xoán en Poio.
Será o vindeiro mércores día 22 cando o Estrela Michelín diríxase aos seus veciños desde o balcón da Casa Consistorial, fronte ao Mosteiro. Algunha experiencia ten xa nestas lides pois xa se encargou, hai uns anos, de abrir as festas na parroquia de San Salvador.
O alcalde, Luciano Sobral, e a concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, acudiron este mércores ata o seu restaurante para desvelar a elección do afamado cociñeiro como pregoeiro das festas patronais do municipio "cuxo nome leva a todos sitios e deixa no máis alto", dixo o rexedor.
"Pepe Solla naceu en Poio, os seus pais tamén e Solla é un emblema equiparable ao Mosteiro de San Xoán, cada un no seu ámbito", defendeu Luciano Sobral.
Relacionadas:
-
Pepe Solla declara o seu amor desde o balcón
Por Oskar Viéitez |
-
Sesión vermú con sabor ás Rías Baixas no Festival de Cine de Málaga
Por Redacción |
-
A camelia reivindícase como "flor das Rías Baixas" no Recinto Feiral
Por Diego Espiño |
-
Resístese a segunda estrela Michelín para Pepe Solla
Por Oskar Viéitez |
-
O Financial Times sitúa a Casa Solla como un dos cinco mellores restaurantes familiares de España
Por Redacción |