O goberno local cre que o PP e Marea "deberían pedir desculpas" tras o arquivo do caso Elsamex
Por Oskar Viéitez
O goberno local do BNG en Pontevedra considera que os concelleiros do Partido Popular e de Marea "deberían pedir desculpas" despois de que a Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra confirmase o arquivo do caso Elsamex.
O alto tribunal provincial desestimou o recurso do fiscal xefe e do Partido Popular de Pontevedra por mor das sucesivas prórrogas outorgadas polo goberno local á empresa concesionaria do mantemento dos parques e xardíns.
O concelleiro do BNG, Vicente García Legísima, advertiu aos concelleiros da oposición que "é o último recurso que se debería utilizar na vida política" asegurando que "non é ningún xogo, é unha arma" polo que "mal utilizado fai moito dano ás institucións e a propia administración de Xustiza".
García Legísima coincide coas resolucións dos maxistrados pontevedreses en que se debe diferenciar entre cuestións que se refiren ao control propio da xurisdición contencioso administrativa da comisión dun delito penal, polo que neste caso a Audiencia rexeitou a existencia dun delito de prevaricación.
Ademais o edil nacionalista referiuse ao uso político que deste asunto fixeron, especialmente, os concelleiros do PP e de Marea, unha actitude que reprochou reclamándolles respecto.
Con "satisfacción" recollen os concelleiros do grupo de goberno esta decisión da xustiza. "Hai outras causas abertas pero nós estamos seguros de que imos sair de traballar coa cabeza moi alta porque non hai absolutamente nada que agochar", indicou García Legísima.
Relacionadas:
-
O xuíz non aprecia prevaricación do Concello no caso Elsamex e ordena arquivar a causa
Por Alejandro Espiño |
-
A Fiscalía solicita a elaboración dun novo informe no caso Elsamex
Por Natalia Puga |
-
O xulgado acelera a instrución do caso Elsamex e toma declaración aos primeiros testigos
Por Natalia Puga |
-
A Fiscalía denuncia ao goberno local de Pontevedra polo caso Elsamex
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía solicita unha prórroga para seguir investigando o caso Elsamex
Por Oskar Viéitez |
-
O Tribunal Administrativo Central referenda o contrato de mantemento de xardíns que cuestionaba o PP
Por Natalia Puga |