Murgas arruinadas polas preferentes, pero en forma para La Vuelta
Por Natalia Puga
A actualidade política e social que copan as portadas dos xornais e abren os informativos volveu, un ano máis, ao escenario do Pazo da Cultura da man das Murgas. Unhas copas con máis retrancca e outra cunha crítica máis ácida, pero con todas e cada unha espertaron as risas (máis ou menos contidas) dun público que abarrotou a sala.
Os recortes en sanidade e educación, os desafiuzametos, o salario dos funcionarios, a corrupción, a viaxe accidentada do Rei Juan Carlos para cazar elefantes en Botswana coa súa 'amiga' Corinna, os 'sobres' que supostamente voaban pola sede do PP na rúa Génova e as figuras do presidente do Goberno, o pontevedrés Mariano Rajoy, e o ex tesoureiro dos 'populares' Luis Bárcenas. Ás coplas dos catro grupos que este luns participaron na primeira semifinal do certame non se esqueceu ningún dos personaxes que marcaron os últimos 12 meses. Pero se algún asunto arrancou gargalladas foron os relativos á actualidade máis próxima, a galega das preferentes e da imputación xudicial de José Luis Baltar e a pontevedresa de La Vuelta Ciclista a España 2013.
"Por encima de parados, los gallegos tenemos más. Por las putas preferentes jodiendo la Navidad". A única Murga da capital do Lérez da semifinal deste luns, 'Val do Lérez Mayando duramente', facía alusión con esta frase ao asunto que xa se revela como estrela do Entroido 2013, despois de que o Ravachol tamén chegase este ano como unha vítima máis das preferentes de 'Lobacaixagalicia'. Este grupo masculino fíxose pasar por un pobo maya en alusión ao anuncio non cumprido do fin do mundo en 2012 e referiuse, aínda que de pasada, a asuntos locais pontevedreses como a polémica dos crematorios, o premio Intermodes ou a paralización das obras do Nó do Pino.
As outras tres Murgas da noite chegaban do Grove, un municipio que este ano achega catro dos oito grupos participantes no certame, e recordaron a ordenanza local pola que se prohíbe mexar na praia.
Facendo honra a ese acento que caracteriza aos que viven na península meca se acordaron do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a súa aposta por traer á provincia a saída de La Vuelta Ciclista a España e catro etapas da competición. "Como che ghusta investir", dixéronlle ' Os Garoulos do Grove', que quixeron incluír entre os seus membros o propio Louzán caricaturizado. 'Ás mais plus do Grove' (o grupo máis feminino que chegou ataviado con traxes de etnia vietnamita na fronteira con China) agradecéronlle "truxo a Deputación os ciclistas para jalisia. Os da televisión nunca viran a nosa Ría".
Do ton en broma destas coplas pasaron as Murgas a algún máis ácido e de crítica social e política. "Catro anos máis de mentiras e promesas esquecidas", lamentaron algúns cántigos sobre o futuro que lle queda a Galicia e España Gobernos central e autonómico do PP. "Non che hai mellor cousa que faser que ser tesoureiro e se ou fas do PP ida levas un sobre por neghro", soou no Pazo.
O certame continuará este mércores coa segunda semifinal, na que participan 'Ultra Sur do Grove', 'Murga feminina de Pontevedra. Lo que el Gobierno se llevó', 'Murga PTV, Penitentes de toda la vida' e 'Equipo Ja'. Os clasificados na sesión do luns e nesta segunda sesión chegaron á final do xoves 14 de febreiro.