A moda sostible galega despide ata setembro a Sétima Feira
Por Redacción
Sétima Feira despedíuse ata setembro. Na súa quinta cita celebrada este sábado tomaron a rúa Serra da man de interesantes propostas ao redor da moda sostible feita en Galicia.
Tamén acudiu á cita o taller de bicis de Fixed&Single Bikes, e como viña sendo habitual, houbo un oco para os vermús, espazo gastro e moita música coas picadiscos Sarandonga e LKB, e a música en directo de "Los Televisores" e "4th foundation live".
Ademais, na última edición da Sétima Feira infantil, a cativada puido achegarse ao mundo do grafiti.
Este mercado alternativo do segundo sábado de cada mes naceu promovido pola Concellería de Promoción Económica e da Cidade co obxectivo de dinamizar a escena creativa da vila, favorecendo un espazo para a venda e o emprendemento e apostando pola colaboración entre os novos creadores e o comercio local.
Pensado para estar na rúa debido ao mal tempo ocupou o primeiro andar do mercado de abastos até o peche de tempada. Sétima Feira fará un descanso estival ata o mes de setembro.
Relacionadas:
-
Volve a Sétima Feira cunha 'edición infantil' e a música de Palito
Por Redacción |
-
Unha tenda efémera para deseñadores galegos, nova aposta de Sétima Feira
Por Redacción |
-
A música impulsa unha Sétima Feira de record
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Sétima Feira combínase co Galegote Rock este sábado no Mercado de Abastos
Por Redacción |
-
Kandinsky e a moda coincidirán este sábado no Mercado de Abastos
Por Anxo Lourido |
-
A segunda Sétima Feira estará dedicada ao téxtil
Por Redacción |
-
"Que cantan, en australiano?"
-
A imaxinación aniña na primeira planta do Mercado
Por Redacción |