Chegou a gripe antes que as vacinas
Por Oskar Viéitez
Cando saímos de casa pola mañá hai que abrigarse pero unhas horas máis tarde o termómetro marca ata dez grados de diferenza. O fenómeno repítese á tardiña e claro, non hai corpo que o resista.
Nas farmacias aseguran que a venda de antigripales disparouse.
Os resfriados adiántanse este ano polo cambio de temperaturas. ÿ moi fácil con este tipo de desfase térmico que os virus atopen as condicións propicias para que a súa incidencia sexa maior.
Mocos, toses, a estampa do cidadán de a pé resulta estes días un tanto lastimosa. Nas farmacias aseguran que a venda de antigripales disparouse.
A campaña de vacinación contra a gripe e o neumococo arrincará este ano o 24 de outubro, con case un mes de atraso con respecto aos dous últimos anos.
A razón é que a Consellería de Sanidade calculou que o pico de gripe non se producirá ata xaneiro e considera que iniciando a vacinación a finais deste mes os cidadáns chegarán suficientemente protexidos ao momento álxido de propagación da enfermidade.
ocasiona ata 40.000 mortos cada ano
A Xunta repartirá as mesmas doses que nos últimos anos, un total de 610.000 vacunas distribuídas en 900 puntos.
A gripe é a causante de entre o 10 por cento e o 14,8 por cento das incapacidades transitorias anuais que se producen en España. Ademais, calcúlase que afecta a entre un 5 e un 15 por cento da poboación e que, na Unión Europea, segundo o Centro Europeo para o Control da Enfermidade, ocasiona ata 40.000 mortos cada ano, cunha demanda elevada de servizos de saúde e un alto impacto sanitario e económico.
De calquera modo, debido á eficacia limitada das vacinas e dos antivirais existentes contra a gripe, é útil ter outras estratexias complementarias.
Se pillou a gripe as avóas aconsellan quedarse na casa, repousar na cama e abrigado, tomar moitos líquidos, manter húmido o aire e lamentablemente, evitar bicar. Bicar é un dos xeitos máis rápidos de contaxiar a gripe e ata o só feito de durmir na mesma habitación pode causar problemas.